martes, 27 de noviembre de 2018

Presentación CEVE Galicia

O día 27 de Outubro tivo lugar a presentación de Ceve Galicia. Valoramos moi especialmente a representación dos sindicatos (CIG, CUT, UGT) que acudiu á presentación... e o seu excelente talante. ¡Creemos que temos moito que traballar en conxunto polo sector! Destacar tamén que acudiu Juan José Cerviño en representación dos Colexios Oficiais... magníficas sensacións neste primeiro contacto. Agradecemos igualmente o seu interese ás persoas que sabemos que quixeron e non puideron acudir (en especial representantes de CEG e da administración). ¡Contactaremos de todas formas en breve!

¿Colaboramos xuntos?

Con tódalas entidades (colexios profesionais, asociacións, sindicatos, administracións, partidos políticos, empresas, etc) que poidan estar relacionadas co sector da veterinaria, temos o propósito de colaborar activa e positivamente, e sempre que sexa posible. buscar sinerxias e respaldo mutuo cando se trate de traballar na dirección de dignificar, modernizar e promover a profesión veterinaria.


¿Qué fai realmente CEVE?

En realidade moitas cousas, entre elas negociar condicións favorables en produtos e servizos para o colectivo, pero o máis importante é que as patronais son o actor social que pode participar, por exemplo, na xeración de lexislación ou de convenios. Actualmente CEVE traballa tres grandes obxectivos: conseguir o recoñecemento da profesión como sanitaria, conseguir o IVE reducido para tódolos servizos veterinarios e negociar o convenio colectivo do sector, un convenio que con case total seguridade estará asinado ao longo de 2019. ¿E no futuro? O que nós como colectivo decidamos. ¿Non queres participar?

¿Quen fundamos en CEVE Galicia?

Pois uns cantos veterinarios empresarios con inquedanzas, que en lugar de unicamente falar dos problemas da profesión nos decidimos a actuar para darlle representatividade, recoller o sentir común e axudar a deseñar un futuro mellor para tod@s. Algúns de nós creamos unha directiva constituínte para poñelo todo en marcha e nos próximos meses haberá unhas eleccións das cales sairá unha directiva elexida democraticamente. Es empresario veterinario e queres apoiar e/ou participar nesta iniciativa? Pois contáctanos...

cevegalicia18@gmail.com